Muros vístese de mar
09:40 06/07/17
Vístese de gala, de gala mariñeira, Muros, esta fin de semana. As XIII Xornadas de Cultura Mariñeira Muros Mira ao Mar celébranse de venres 7 a domingo 9 de xullo, cunha completa aposta por poñer en valor o patrimonio cultural do noso mar. Ademais de engalanarse coma un mercado mariñeiro de antano, a vila terá obradoiros, pasarrúas, actuacións teatrais e musicais, artesanía, exposicións, visitas guiadas, concursos, libros,,,
Os Muíños do Pozo do Cachón, o porto, Sel, emais as prazas do Cristo, Real e do Mercado serán os lugares onde máis vida haia.
Novas relacionadas
- Xornadas Muros Mira ao Mar 2013: O Muros mariñeiro viaxou no tempo.
- Xornadas 2011: Unha visión mariñeira dende o corazón de Muros.
- Xornadas 2011: Muros levou o mar ás súas rúas.
- Xornadas 2010: Muros sabe a mar.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).