Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Muros mariñeiro viaxou no tempo

O Muros mariñeiro viaxou no tempo
Artesania no Muros Mira ao Mar-Foto-Rioderradeiro Mmar

Menuda fin de semana que vivíu Muros. Non só pola abafante calor, senón polas numerosas actividades que brindaron as IX Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros mira ao Mar”. Charlas, exposicións, teatro e música de rúa, festival musical, obradoiros, mostras, gastronomía, artesanía...

A vila vestiuse de gala. As redes teceron espazos tremendamente auténticos nas escarpadas ruelas do casco histórico muradán, un marco incomparable para unha cita coma esta, que permite transportase no tempo.

Ambiente do Muros mira ao Mar-Fotos-Amalia Luces

Tamén estivo presente unha expedición muxiá do Proxecto Buserana, que traballa tamén na recuperación patrimonial galega. Neste caso, Xan Fernández Carrera expuxo, xunto a Socorro Leal, algo tan propio da terra da Barca como o proceso de secado do congro. A cita salgada non podía noutro lugar que a antiga fábrica de Sel, onde ademais lucía unha escultura dun secadoiro realizada por Viki Rivadulla e Rolando Barrientos.

Obradoiros de pan coa Galurina no Muros mira ao mar

Houbo tempo para un campionato de pesca, e para os obradoiros e a citas gastronómicas. Cunha protagonista especial ademais, a fariña muradá do século XIX, coa que fixeron unha manchea de pan e de empanadas estilo Muros Muros mira ao Mar. Unha das culpables, a panadeira Carmen Sánchez, de A Galuriña.

Non pararon o teatro e a música de encher as rúas de cultura. Alas Circo, Os Quinquilláns, Kanbahiota, Peter Punk ou O fantabuloso cine ambulante dos irmáns Lumieira foron os máis teatreiros, mentres a música a puxeron unha banda africanam Sotheca, chegados de Costa de Marfil, e outra de percusión cordobesa, que puxeron festa pola rúa en todo momento. Ademais, os galegos da Banda de Balbina e O Sonoro Maxín fixeron soa a rumba galega para que ninguén parase de bailar durante as noites de venres e sábado.

actuacion musical no Muros mira ao mar-Foto- Jose Sendon Actuacion musical no Muros Mira ao Mar-Foto- Jesus Fernandez

Sen máis, aí vos deixamos cun vídeo de Nieves Formoso que vimos de recoller do activísiomo Grupo de Facebook "I Love Muros", que non ten parada::

Viaxando no tempo

As citas culturais e históricas non reparan aquí. A semana que vén poderemos ir ata o Freixo, na Serra de Outes, a disfrutar do XI encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, outra gran ocasión para seguir viaxando no tempo. E igual poderemos facer co Mercando Medieval de Corcubión a fin de semana do 19, 20 e 21 deste mes.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios