Mércores. 13.11.2019
El tiempo

Muros levou o mar ás súas rúas

Muros levou o mar ás súas rúas

Tremendamente vivas as "VII Xornadas Mariñeiras do Muros mira ao Mar 2011". Este Mercado Mariñeiro devolve a vida do mar ás rúas do casco vello muradán, poñendo en valor on incontable patrimonio inmaterial do mar da Costa da Morte. As rúas engalanáronse con redes, teatro, exposicións, gastronomía, obradoiros, pasarrúas musicais... para facer que os milleiros de turistas que multiplicaron a poboación da vila disfrutasen duns días con cheiro a mar.

A participación veciñal é fundamental. E o ver aos máis pequenos e aos máis maiores disfrazados con vestimentas mariñeiras, fai que os visitantes se trasladen no tempo. I é que a importancia turística desta clase de xornadas xa se ten en conta dende o Concello.

Non impediu o tempo o desenvolvemento das xornadas. A única incidencia reseñable foi a cancelación do concerto da Compañía do Ruido o venres pola noite, por mor da chuvia, pero o resto da programación desenvolveuse con normalidade, moitos visitantes nas exposicións e bo ambiente por todo o pobo.
E xa que falamos de música, habería que resaltar a voz de Mercedes Peón que fixo tremer na noite do xoves a os centos de asistentes ao concerto.

O salitre invadiuno todo. Como a antiga conserveira de Sel, que acolleu varias exposicións e foi visitado ata polo director de cine, José Lúis Cuerda. Sel vestiuse o traxe muradán, e ata practicou a "fala muradana" con Hernique Monteagudo. Joaquí Vieta tamén presentou a súa visión, dende dentro, das antigas conserveiras, e as cunchas de Manuel Porrúa fixeron da aula un auténtico areal. O propio Caamaño, colaborador desta casa, e Ana María, foron uns dos organizadoras das Xornadas Mariñeiras e promotores da exposición- homenaxe do poemario de Marcelino García Lariño. A relación entre os 3 foi tan boa que este mesmo verán ambos participarán na súa vindeira rodaxe. Trátase nunha pleícula baseada no último libro de Manolo Rivas, que se rodará dende Caldebarcos ata Tal pasando por Carnota, Muros...

Continuando polo inverno

Unha das propostas que fan dende a organización é a posibilidade de continuar as xornadas no inverno. Estaremos atentos

A Comisión organizadora, que valora moi positivamente as xornadas, quere agradecer especialmente a implicación da xente de Muros, tanto na ambientación como na participación nas diversas actividades desenvolvidas (actividades previas, obradoiros, concursos, presentación de libros, teatro de rúa, concertos...).
Tamén hai que destacar o traballo dos alumnos do curso de Monitor de tempo libre organizado polo concello, e os das distintas asociacións participantes, que levaron adiante con moito éxito os distintos talleres e obradoiros (de pan, de nós, de barro, cestería, coiro, etc.).

Máis información

Artigos de Manuel M. Caamaño

Fonte

Comentarios