O GALP comeza unha Xornadas de Atención nas confrarías a pescadores e mariscadores

Coa nova convocatoria de Axudas aberta, o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Costa da Morte comeza unhas Xornadas de Atención nas Confrarías e Agrupacións de Mariscadores do seu ámbito territorial.

Nestas xornada o Equipo Técnico do GALP Costa da Morte atenderá particularmente a todas as persoas que estean interesadas en informarse das Axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, dirixidas principalmente a xente do mar, emprendedores, hostaleiros, sectores auxiliares da pesca e actividades vinculadas ao Mar e Litoral.

As Xornada de Atención que se levarán a cabo esta semana son:

  • Mércores 19, de 10:00 a 13:00 horas, na Casa das Mariscadoras Río Anllóns, en Cabana de Bergantiños.
  • Xoves 20, de 16:00 a 19:00 horas, na Confraría de Pescadores de Camelle, en Camelle-Camariñas.
  • Venres 21, de 16:00 a 19:00 horas, na Confraría de Pescadores de Muxía, en Muxía.

Para a seguinte semana, tamén se farán xornadas nas Confrarías de Caión, Malpica, Laxe e Camariñas.
O territorio do Galp Costa da Morte, comprende os Concellos de A Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Vimianzo, Camariñas e Muxía.

Novas relacionadas

Fonte

  • GALP.