As cabanas da Quinta do Bouzas nacen coa idea de revitalizar ás áreas rurais de Mazaricos

Vista aérea da Quinta de Bouzas

"O noso é un concepto de turismo sostible que quere manter e revitalizar a contorna na que se asenta, por iso queremos contalo! Queremos contribuír a un rural vivo e con valor engadido e tamén a unha filosofía de conexión coa natureza e slowlife".

Así se presenta a nova proposta turística de Mazaricos. Unha familia da contorna abre as portas da Quinta de Bouzas vindeiro 22 de xullo, aproveitando o tirón das cabanas e dándolle un novo sentido ao concepto de aloxamento rural.

A Quinta está situada no corazón Mazaricos, en 7 hectáreas de natureza e con acceso directo ao río Beba. Conta con cinco cabanas (con jacuzzi, climatización e wifi), e unha antiga casa restaurada, O Lar.

As persoas que se aloxen na Quinta de Bouzas poderán atopar, en Mazaricos, turismo megalítico, coa necrópolo de Pedras Miúdas e o Dolme da Parxubeira; a Ruta das Fervenzas, con cinco saltos de auga cheos de encanto; miradores como o do Enxilde, o de Corzón ou o de Pedras Miúdas e, ademais, as mellores praias da Costa da Morte a 20 minutos en coche.

A casa da Quinta é o restaurante O Lar

A familia promotora

Manuel Lema é un galego, nacido en Carnota, actualmente un próspero empresario afincado en Estados Unidos. Nunca deixou de sentir un apego profundo pola súa terra e atopou en Bouzas, Mazaricos, un espazo especial e con múltiples posibilidades para crear un negocio que se convirta nun futuro cercano nun referente no turismo galego.

É un proxecto familiar, xa que toda a familia de Manuel se afanou no deseño e construción do mesmo.