O CEIP do Pino do Val, ao fío de desaparecer
Anunciaba hai pouco a Xunta que a decisión de pechar o CEIP do Pino do Val de cara ao vindeiro curso. Un novo recorte en materia de educación, que provocará que os 23 alumnos e alumnas do centro se despracen ao CEIP da Picota.
Así o denunciaba hoxe o PSOE. O voceiro local Javier González Trillo visitaba o cole acompañado da parlamentaria Noa Díaz, para anunciar que levarán unha proposta ao Parlamento de Galicia pedindo á Consellería de Educación que manteña aberto o CEIP Pino de Val coas tres unidades intactas a lo menos no próximo curso.
A parlamentaria socialista reclamoulle ao goberno galego que “demore a lo menos un curso máis a súa decisión” de trasladar aos 23 alumnos e alumnas ao centro de A Picota ou deixar unha soa unidade de Primaria e outra de Infantil.
Novas relacionadas
- A carta que as 3 nais con nen@s con NEAE de Carnota envían ao Conselleiro.
- 16-03-2021: “Facer máis recortes na atención á diversidade no ensino é unha crueldade” .
- Xarda analiza, dende Mazaricos, a problemática do transporte escolar no ensino do rural.