Martes. 13.04.2021
El tiempo

A carta que as 3 nais con [email protected] con NEAE de Carnota envían ao Conselleiro

Esta semana celebrouse unha mesa sectorial educativa entre Xunta e sindicatos na que se ía debatir un novo recorte en materia de atención á diversidade. Finalmente, a polémica polas vacinas no profesorado centraron a atención, polo que o debate sobre a posibilidade de engadir un rateo máximo de Auxiliares Técnicos Educativos por número de [email protected] queda pendente.

Mentres, as familias do CEIP de Carnota con [email protected] con Necesidades Especiais de Apoio Educativo (NEAE), que xa levan un ano de loita ante os continuos recortes, a través da ANPA, envíanlle esta carta ao Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González.

12,00 h.-	O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participará no acto de presentación do proxecto E-Dixgal para os centros escolares que se incorporan neste curso 2015-2016. Tamén asistirá Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). No Museo Pedagóxico de Galicia, MUPEGA (San Lázaro, 107). 
foto xoán crespo
07/09/15
A carta que as 3 nais con [email protected] con NEAE de Carnota envían ao Conselleiro

Carta das familias de [email protected] con NEAE de Carnota

Respectable conselleiro de educación señor Román Rodríguez González:

Poñémonos en contacto con vostede por mor da Orde que desenvolve o Decreto 229/2011(Articulo 80, punto 4). Como nais de tres nenos con necesidades educativas especiais que cursan estudios no C.E.I.P. de Carnota e o apoio da ANPA deste mesmo, gustaríanos expresar o noso desacordo e a nosa preocupación sobre varios aspectos da citada orde.

En primeiro lugar, sentimos gran preocupación pola desaparición dunha figura tan importante coma a dos Acompañantes Terapéuticos Educativos do Sistema Educativo Galego. Polo que deducimos do texto, os únicos profesionais que acompañarían ós nosos fillos despois de aprobarse esta orde serían os coidadores. Repasando as funcións dos coidadores vemos que só teñen funcións asistenciais e en ningún apartado do texto se fai referencia ás funcións de apoio educativo dos coidadores nas aulas. Entendemos, polo tanto, que os nosos fillos non van a ter ningún tipo de apoio para facer as súas tarefas escolares e tememos que non van a poder seguir o programa escolar.

En segundo lugar, tamén queremos expresar a nosa incredulidade polo aumento do rateo de nenos para cada coidadora. Segundo o borrador, unha coidadora tería que atender a sete alumnos con diferentes necesidades educativas especiais que estarían cursando estudios en aulas diferentes. Como ben saberá señor Conselleiro cada neno ten unha necesidade diferente en momentos distintos, polo que este pode ocasionar que nalgún intre algún neno teña que quedar sen atención requirida, para as tarefas nas poida necesitar o apoio da coidadora(como pode ser comer a merenda, ir o servicio, un cambio de panal...etc.). Ademais nos tempos que estamos a vivir de pandemia, pode supor un perigo para a vida dos nosos fillos, xa que o persoal tería que andar de clase en clase, para poder atendendo a tódolos rapaces. Agora mesmo o C.E.I.P de Carnota só conta cunha coidadora para tres alumnos con diferentes condicións e consideramos que os nosos fillos precisan de máis atención para poder ter unha escolarización normalizada. Vostede sabe tan ben coma nós que é imposible que unha coidadora poida atender a sete nenos con necesidades educativas diferentes que, en moitos casos, precisan de atención individualizada.

Finalmente, só nos queda dicirlle que esperamos que vostede e o seu equipo recapaciten e cambien os aspectos mencionados do citado borrador para que os nosos fillos e tódolos nenos que precisen de apoios educativos nas escolas galegas teñan garantido o seu dereito a unha educación de calidade.

Atentamente.

 

Novas relacionadas

comentarios