Coiro repite incendio

Xa hai un helicóptero do servizo antiincendios sobrevoando os montes de Mazaricos. Trátase dun incendio, que empezaba sobre as 14:00h da tarde deste venres 9 de setembro, na parroquia de Coiro, Mazaricos, moi preto doutro incendio acontecido a semana pasada.

Xa son varias as hectáreas arrasadas de monte medio raso, pero o problema é que se está a levantar un forte vento, que pode espallar as lapas.

En todo caso, varios equipos de Bombeiros con varias motobombas, ademais do helicóptero, estçan traballando arreo para controlalo.

Incendios forestais 2016

Incendios forestais 2015

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Fotos de Miguel A.