Da importancia da Formación Rural na Costa da Morte

Segue o Centro de Formación Rural-EFA Fonteboa demostrando a necesidade de termos un centro irmán na bisbarra. A cada actividade o centro de Coristanco demostra as posibilidades dun centro coma este para a comarca de Soneira, ou a comarca do Xallas, que forme en materia agrogandería, unha actividade económica con pasado, con presente e con futuro.

Nesta última semana, o centro coristanqués artellou varias actividades tremendamente interesantes, e prácticas, para os seus alumnos. Non hai máis que seguir o seu Facebook para decatarse.

A semana pasada arrincaba coas XI Xornadas Técnicas de Porcino, falando de tendencias dos mercados con empresarios do sector como Remigio Varela, de Sadepor; falando de medidas santiarias co veterinario Abelardo López; falando de Porco Celta con César Pérez da Asoporcel; ou facendo unha visita de campo á explotación raza Porco Celta en Coristanco.

O xoves pasado, tocaba mercado e alí, como cada semana seguen os alumnos co seu posto de verduras de hora, fomentando o produto local.

Participaron nas Xornadas de Seragro de Lugo, e tiveron tamén visita dun especialista no Proxecto europeo Leonardo-Sagiter, un estudio de sistemas de produción agroecológicos. 11 socios de Hungría, Alemania, Eslovenia, Rumania, Belgica, Francia e España.

Non quedou aí a completa semana. Os Alumos de formación profesional tiveron unha interesante visita á Coop. Ganxabar-Mazaricos, a SAT Busto-Corzón. Un xeito directo e perfecto de coñecer como é unha explotación gandeira dende dentro.

Pero é que ademais tiveron tempo apara unha degustación de castañas e unha cata de mel, na que contaron co apicultor Juan Guijarro Lazcano e o produtor e investigador Manuel Andrade. Primeiro tocou escoitar e aprender cas charlas sobre a apicultura biodinámica, e despois, a catar.

E repetimos de novo: Como é posible que non haxa outro centro coma este no sur da Costa da Morte?

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).