Martes. 30.04.2024
El tiempo

Mazaricos aposta polo futuro no sector gandeiro en tempos de crise

Mazaricos aposta polo futuro no sector gandeiro en tempos de crise
Grande asistencia de público a Poxa de Xovencas de Raza Frisona-Foto- Concello Mazaricos

Numerosa asistencia pero menos fluxo de compras na cita gandeira por excelencia da Costa da Morte. Mazaricos acollía a IV Xornada Técnica do Sector Lácteo e mais a VI Poxa de Xovencas de Raza Frisona, xusto trala complicada semana nun sector #Gandeirosenloita. E ambas demostraron que a Costa da Morte está á vangarda do sector.

A cita mazaricá, artellada polo Concello e mais a Asociación de Criadores de Frison de A Coruña (Africor), tivo moita acollida e gandeiros de toda a provincia se achegaron. Pero a crise notouse pois quedaron algunhas das frisonas sen vender, feito que non acontecía nas 5 edicións anteriores da poxa.

Así e todo foron transaccións por máis de 50.000€ cunha media de 2.250€ por xovenca.

Ademais, o sábado, a Casa da Cultura da Picota acollía unha Mesa Redonda ben interesante, na que pesos pesados de toda a provincia analizaron a crítica situación do sector.

Mesa redonda da Xornada Tecnica do Sector Lacteo na Casa da Cultura da Picota-Foto- Concello de Mazaricos

Novas relacionadas

Comentarios