Martes. 19.03.2024
El tiempo

Un grupo de austríacos coñecen a auténtica Costa da Morte

Un grupo de austríacos coñecen a auténtica Costa da Morte

Hai quen vén a Costa da Morte para andar polas, escasas, rutas de sendeirismo, e coñecer as súas marabillas naturais. Hai quen ven de peregrinación polo simbolismo da fin do mundo. Hai quen se quere perder nas súas praias e disfrutar da súa virxindade e tranquilidade. Pero tamén hai quen quere ver a auténtica Costa da Morte, a máis agraria, pesqueira e gandeira.

Esta pasada fin de semana un grupo de austríacos chegaban ata a bisbarra da man da empresa de turismo alternativo Meigalicia. Antes de aterrar visitaron outras zonas de Galicia como Cambados e as súas mariscadoras de Guimatur acompañados pola Solaina da TVG, as bateas de mexillón no Grove, a bodega Martin Codax... Pero de contado se sumerxiron nas nosas granxas, aportando a idea de ir abrindo a porta á diversificación da actividade agrogandeira cara o turismo. Iso si, traían un regalo para todos, e o viño da súa rexión corre xa polas casas dos improvisados "guías turístico-gandeiros".

Estiveron, por exemplo, na granxa de Feiraco de Mazaricos, onde comprobaron como se lles trata ás xovencas na bisbarra. Coñeceron as artes de pesca no Castelo de San Carlos de Fisterra da man de Alexandre Nerium.

E coñeceron de primeira man a raza do porco celta, unha das visitas máis interesantes. Iso fixéronno en Corcubión, na Carnicería Antelo, onde ademais de mercar numerosos embutidos para levar, falaron e falaron co dono da carnicería e criador de porco celta Jose Luís Antelo.
O propio Antelo, que por primeira vez tivo que lidiar cunha tradutora (sempre ten que haber unha primeira), cóntanos que puido coñecer novas iniciativas no rural de xentes chegadas de centro europa cansadas da súa vida de oficina: uns alemáns cunha casiña rural con explotación gandeira e hora preto de Silleda, unha granxa-escola en Sarria...

Pero o máis importante é que "esta proposta non é futuro, xa é presente", valora o produtor corcubionés. "Rutas a cabalo, sendeirismo, natureza... estas ideas teñen que ser un complemento para rentabilizar as granxas".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios