Venres. 18.10.2019
El tiempo

Turismo de granxa: Da importancia de diversificar a nosa economía

Turismo de granxa: Da importancia de diversificar a nosa economía

Noovedosa proposta a que nos achega ata a nosa Costa a empresa Meigalicia Turismo Alternativo. I é que ademais de achegar xentes á Costa a través do programa Á procura do Cogumelo, en Meigalicia apostan pola nosa bisbarra para outras moitas cousas. Unha das últimas, turismo agrogandeiro.

E pode ser unha proposta clave no futuro da nosa bisbarra, que sirva como novo modelo de diversificación de empregos, e que sirva para manter modos de vida que pouco a pouco van sendo asolagados polas grandes granxas e grandes latifundios.

Así tomara nota a expedición costeira en Cataluña o pasado 2010, cando os alcaldes e empresarios da zona visitaran unha granxa que compaxina a súa comercialización de produtos ecolóxicos con visitas turísticas. Na foto vemos aos alcaldes da bisbarra brindando nunha fábrica de embutidos.

Uns austríacos con gañas de granxa

Esta vindeira fin de semana un grupo de austríacos chegan á Costa da man de Estefanía Fernández para coñecer o país. E o queren coñecer en toda a súa esencia. Ademais de coñecer Cambados e as súas mariscadoras, achegaranse a Mazaricos para visitar a granxa de Busto Corzón. pasarán tamén pola Carnicería Antelo para ver a granxa de porco celta, tan en boca de todos estes días polas Xornadas. Pasarán polo Castelo de San Carlos e polo cabo Fisterra, como non, e marcharán de volta coñecendo un pouco mellor o país.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios