Lamentan a tala dunha carballeira preto da capela de Santa Locaia
02 de decembro de 2020 (18:15 h.)
Colectivos ecoloxistas como Petón do Lobo ou a Plataforma Quijotes de Outes, denuncian a tala de carballos centenarios por parte dun propietario particular na Devesa de Santa Locaia, moi preto da capela, situada no Concello de Mazaricos.
Unha situación que se dá mentres o Concello mazaricán está facendo xestións para a protección da mesma devesa, así como a de Devesa do Anllares, para, ademais, poñer en valor a Ruta das Fervenzas, xa que dúas fervenzas, a a de Santa Locaia e a de Vioxo-Chacínatópanse na contorna desta carballeira e o Concello leva moito tempo implicándose na súa posta en valor.
Novas relacionadas
- Mazaricos presume da Rutadas Fervenzas.
- Outubro 2020: Denuncian o grave impacto dos novos eucaliptais na Devesa do Anllares.