Venres. 26.04.2024
El tiempo

Recunchos da Costa: A Fervenza de Vioxo-Chacín

Seguimos percorrendo a fermosa Ruta das Fervenzas de Mazaricos. E despois de pasarmos polo Fírvado, Santa Locaia, Noveira, e Grosolfe, pechamos o círculo na Fervenza de Vioxo-Chacín.
Recunchos da Costa-Fervenza Vioxo-Chacin
Recunchos da Costa-Fervenza Vioxo-Chacin
Recunchos da Costa: A Fervenza de Vioxo-Chacín

Recunchos da Costa-Fervenza Vioxo-Chacin en Setembro

Agochada na Devesa de Chacín, o potente son que produce a caída de auga de 10 metros fai de imán para os sendeiristas que se achegan pola zona. É a fervenza do Rego do Casteliño, ao que teremos que achergarnos tras pasar por diante da Igrexa de Santa Eulalia, que está semiderruida e ten tamén unha visitiña interesante.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
A Igrexa de Santa Eulalia merece unha visita

 

Como chegar

O lugar atópase entre Vioxo e Santa Baia.

 

 

A RUTA COMPLETA

CARTEL_RUTA das Fervenzas de Mazaricos

A proposta que parte desde a concellería de Turismo do Concello ten unha fin de semana de duración. Nela, (podedes ver no mapa) recoméndase ir a mañá do sábado camiñando desde Pino de Val ás fervenzas de Vioxo-Chacín e Santa Locaia, ambas na parroquia de Chacín. A tarde quedaría reservada para achegarse en coche á Fervenza de Fírvado, aínda en Chacín e á da Noveira, na parroquia de Arcos. A recomendación para rematar o día é ver o solpor desde o Mirador Padre Sarmiento, no que converxen, nunha vista única, o Pindo, Fisterra, o Atlántico e a presa do Encoro de Santa Uxía.
Deste xeito, a mañá do domingo quedaría reservada para a fervenza de Gosofre, que é a que ten unha ruta máis esixente e non apta para persoas que non estean acostumadas ao sendeirismo.
Por orde, os accesos máis fáciles son Noveira, Santa Locaia, Fírvado, Vioxo-Chacín e Gosolfre, se ben a única complexa é esta última.

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

OUTROS RECUNCHOS DA COSTA

Comentarios