Mazaricos presentouse con voz propia no IV Forum Fairway do Camiño de Santiago

Ademais da Asociación Solpor, o Concello de Mazaricos foi un dos poucos municipios que optaron por contar con presenza propia no IV Forum Fairway do Camiño de Santiago. O Concello, despois de levar o Bolo do Pote á Feira Gastronómica Xantar de Ourense, quixo deixar a súa pegada neste importante foro turístico ligado á ruta xacobea.

Fíxoo cun stand propio, no que a vaca Mazarica foi protagonista, fachendeando de espazo rural e natural, para seguir sacando rendemento ao potente recurso turístico que é o Camiño. Durante os días que durou o foro, un dos aspectos polos que máis se interesaron os visitantes foi a oferta de sendeirismo e actividades de natureza e aire libre en Mazaricos.

O concelleiro de Turismo e Promoción Económica, Jorge Sanmartín, recoñeceu que “creo que é unha aposta que nos saíu ben á hora de seguir difundindo o destino Mazaricos”. “As persoas que pasaron polo posto levaron moita información sobre o aloxamento ou a restauración locais, uns servizos que complementan moi ben o recurso natural e patrimonial do que dispomos”, explicou.

Novas relacionadas