A carne e o bolo do Pote de Mazaricos triunfaron no Xantar
O xoves foi o día de Carballo. Onte tocoulle ao Concello de Mazaricos triunfar no Xantar Ourense, a única Feira Internacional de Turismo Gastronómico acreditada na península ibérica. “É unha oportunidade seguir colocando Mazaricos no mapa gastronómico peninsular”, sinalou o concelleiro de Turismo, Jorge Sanmartín, que comandaba a expedición municipal xunto o alcalde, Juan Blanco, amparados polo paraugas da Deputación, da man do responsable de Turismo, o carballés Xosé Regueira.
Expedición mazaricá no Xantar
A MZ realizou un espectacular e completísimo showcooking, ensinando ao mundo da cociña os seus produtos máis tradicionais e de maior calidade: a carne á pedra e o Bolo do Pote.
Arrincou o José Manuel Carreira, do Asador Manduca (A Picota), cun showcooking que sacou as cores aos comensais, preparando uns contundentes chuletóns de vaca á brasa.
De contado, era turno da Asociación de Amas de Casa de Mazaricos. Laura Prado e Esther Muíño amosaron toda a maxia e tradición que ten o bolo do pote.
O showcooking tivo moi boa acollida