Venres. 26.04.2024
El tiempo

Solpor, con stand propio para espallar o Camiño a Fisterra-Muxía na Farway de Santiago

A directiva de solpor coa directora do Palacio de Congresos
Solpor, con stand propio para espallar o Camiño a Fisterra-Muxía na Farway de Santiago

Tempo de feiras turísticas. Así o vive a Asociación Solpor, que despois de levar o Camiño costeiro ata Londres, leva estes días na Farway de Santiago de Compostela. A Feira xacobea máis importante do país ten lugar no palacio de Congresos de Galicia da capital galega, e alí Solpor ten o seu stand propio, coa presencia continua durante 3 días do seu presidente, Jesús Picallo, a vicepresidenta Alexia Benlloch, o secretario Sergio Picallo, o tesoureiro Toño González e o voceiro Antonio Lema.

A directiva está mantendo continuos contactos e workshops com empresas e touroperadores de todo o planeta como Tee Travel, Rau Travel, Viloria, Pilgrim… Tiveron tempo ademais a presentar o novo spot publicitario realizado xunto a CMAT para poñer en valor a nosa ruta xacobea a Fisterra e Muxía.

Durante a presentación repasaron a liña estratéxica, formulada para mellorar na dixitalización do sector, a formación dos asociados, a análise dos clientes tipo (a famosa “bigdata”), así como a posible creación dun portal propio de reservas. Tamén se presentou a tarxeta de fidelización “Galicia Emotion.

Ao longo do día de hoxe participarán nunha presentación sobre o “Camiño Seguro 2022”.

Novas relacionadas

Comentarios