Volve a Mazaricos a ruada tradicional no Suleiro da "Vicha"

O lugar de Colúns en Mazaricos acollerá este sábado 22 de novembro unha ruada tradicional no Suleiro da "Vicha", un evento que contribúe a recuperar e poñer en valor as festas populares de antigo cunha programación chea de música, concursos e ambiente festivo.
A ruada, organizada pola Asociación Tinxideira (Amas de Casa de Mazaricos) en colaboración co Concello de Mazaricos e con Comercio de Mazaricos, contará con grupos musicais en directo que animarán a noite, sorteos sorpresa e pinchos para todos os asistentes. Como aliciente especial, estableceranse dous concursos con premios: un para a persoa mellor vestida de época e outro para o grupo máis orixinal.
Recuperación das tradicións locais
"Coa organización desta ruada axúdase a recuperar o espírito das festas de antigo, onde a música, o baile e a convivencia eran os verdadeiros
protagonistas. É unha forma de manter vivas as nosas tradicións e de xerar espazos de encontro entre a veciñanza e entre xeracións", sinalou o técnico de cultura, Jesús Jurjo.

O evento está aberto a toda a veciñanza e anímase a todas e a todos a acudir vestidos con indumentaria de época para sumarse ao ambiente festivo

Máis citas para esta finde en Mazaricos