20 toneladas de caballa comisadas no porto de Muros malia as críticas do sector

Mentres o sector pesqueiro continúa a súa mobilización contra a instalación das xaulas de salmón na ría de Muros (mañá a coñeceremos máis a fondo), a atención focaliza hoxe na incautación de 20 toneladas de caballa no porto muradán a bordo dun barco de Riveira.

E iso que dende a Asoar - Armega critican "á Secretaría Xeral do Mar o xeito tan precipitado, e sen deixar marxe de actuación, da comunicación da pesqueira, máis cando desde o departamento de Recursos Pesqueiros desta Secretaría tense informado vía telefónica a esta Entidade de que o consumo do TAC da caballa, para aquelas flotas distintas de arrastre de fondo e cerco, atopábase ao 40% o día 7 deste mes".

Inspectores da Secretaría Xeral de Pesca Marítima e Axentes do Servizo Marítimo da Garda Civil da Coruña interviñeron onte a bordo dun pesqueiro atracado no porto de Muros algo 20 de vinte toneladas de caballa, especie que actualmente se atopa vedada.

O descubrimento do peixe chegou como resultado dunha das habituais inspeccións que Garda Civil e inspectores da Secretaría Xeral de Pesca Marítima realizan conxuntamente nos portos e lonxas co obxectivo, entre outros labores, de comprobar a validez das documentacións e licenzas e de controlar as capturas e descargas de peixe. Este tipo de inspeccións e de colaboración mutua está consolidada desde o ano 2007 no denominado programa PACIAP (Programa Anual de Control Integral de Actividades Pesqueiras), que se veu renovando desde entón con periodicidade anual.

Deste xeito, sobre as nove e media da noite de onte e ao proceder á inspección das capturas dun pesqueiro, Garda Civil e Inspectores de Pesca acharon a bordo do buque algo máis de vinte toneladas de caballa.

Tras formalizarse a incautación do peixe, este quedou en custodia do armador do pesqueiro, e en todo caso a disposición da Autoridade competente.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Garda Civil.