A Xunta lembra que segue en marcha a piscifactoría do Cabo Touriñán

Semana negra a pasada para o patrimonio natural da Costa da Morte. Ás novas da morte forzosa da Reserva Mariña de Lira e a creación de 3 novos parques eólicos arredor do Monte Pindo demostran que a Xunta de Galicia non valora o noso maior tesouro: a natureza.
Dende xuño do ano pasado non escoitábamos falar de Touriñán, pero a macropiscifactoría segue nos plans do goberno da Xunta. Onte puña o finiquito definitivo ao polémico Plan Acuícola do bipartito e comezaron coa tramitación do novo Plan Director de Acuicultura (PDA), que mantén moitas das ideas do plan aprobado en 2005 polo anterior goberno do PP.
O novo plan suspende as piscifactorías de Merexo, Seiruga, Camelle e Corrubedo, polo rexeitamento social dos veciños e trala promesa antes das eleccións autonómicas do 2009. Non fai o propio coa de Quilmas, malia que o rexeitamento cidadán é semellante, nin coa de Touriñán, onde é medio país o que se opón á destruciíon dunha paraxe inigualable.
Sinalan que a Consellería do Mar traballa man a man coa USC, curiosamente despois de que esta conclúise que a piscifactoría de Touriñán é incompatible coa normativa europea .
Natureza viva
Entrementres deixamos de novo este vídeo de Francisco Santiago López, para que disfrutemos da paisaxe natural dun dos lugares máis auténticos da nosa xeografía.
Novas relacionadas
- 3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo.
- A Xunta deixa morrer a Reserva Mariña de Lira, que segue dando exemplo en festivais de todo o mundo.
Máis novas sobre Touriñán
- 21-06-10: Mar non olvida Touriñán.
- Touriñán centra o debate pola Lei do Solo.
- A USC conclúe que a piscifactoría de Touriñán é incompatible coa normativa europea.
- Bruxelas esixe unha nova avaliación ambiental da piscifactoría de Touriñán.
Outras novas
- É o Cabo Touriñán o punto máis occidental da Europa Continental?.
- A mentira das palabras máxicas: Postos de Traballo?.
- Denuncia cunha foto: O vertedoiro do Cabo Touriñán.
- Mentiras e verdades sobre os informes da piscifactoría de Touriñán.
- Un precedente para a piscifactoría de Touriñán.
- Entrevista con Olaia Sendón: "Touriñán representa a dicotomía entre un espazo tan impactante pero habitado".
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- El Correo Gallego: La Xunta cuenta con Touriñán en su nuevo Plan de Acuicultura .