Venres. 26.04.2024
El tiempo

O silencio do mar

O silencio do mar
No mar da Costa da Morte segue prevalecendo o silencio. Os que pasan a liña legal seguen a estar mellor vistos que os que denuncian e a situación, lonxe de solucionarse, parece que se tensa máis e máis. Seguen o furtivismo e os conflitos internos nos seos das confrarías da bisbarra sendo uns dos problemas máis graves do sector. Estes días vívese en Muros momentos de tensións, arrastrados dende o pasado mes de outubro. Daquela tiveran lugar uns incidentes, cando practicantes de pesca deportiva, supostamente ilegais, protagonizaron varios enfrontamentos con pescadores que lles esixiron devolver o marisco ao mar. Dende aquela os vixilantes da Confraría muradá levan recibindo amenazas e ataques, como poden ser varias rodas pinchadas dos vehículos da confraría. Estes días, dende a Consellería do Mar pronúncianse sobre a causa aberta contra os ataques e ameazas aos vixilantes da Confraría de Muros. Así o asegurou hoxe, na comisión 8ª de pesca e marisqueo, o subdirector xeral de gardacostas, Lino Sexto. “Debemos facer o que estea nas nosas mans para frear este tipo de feitos e velar polo cumprimento da legalidade”, dixo. O caso é que hai nomes e apelidos enriba da mesa, e toda a vila coñece quen é furtivo, quen amenaza, e quen pincha as rodas dos que van pola liña do legal. E a situaciñon segue lonxe de solventarse. Un exemplo é ver como as actuacións da Consellería do Mar neste 2010 en operativos contra o furtivismo son máis propagandísticas que efectivas. Así e todo, dende a administración afirman que aumentaron os controis ás rías da provincia dende este pasado mes de outubro, e semella que a tensión non para de crecer.

Silencio vs ataques

De feito, hai apenas unha semana, un percebeiro de Laxe sufría un ataque con ácido en plena rúa, demostrando que a fenda aberta no seo das confrarías sobre o respecto á legalidade segue en panos menores. O mesmo agredido tense que excusar afirmando que non foi el o que chamou a Xunta para denunciar unha actividade ilegal na ría, cando este feito tiña que ser razón de orgullo para o que denuncie. É aí un dos grandes problemas do furtivismo. Aínda está mellor visto ser o ladrón que o roubado na Costa. E semella que por agora, ninguén se sinte roubado mentres uns se lucran ilegalmente expoliando a riqueza do noso mar.

Novas relacionadas

Operacións contra o furtivimos no 2010

Fonte

Comentarios