A Asociación Galega de Teatro nomea Muros como primeira "Capital senlleira do teatro galego"
A programación continua do Concello de Muros vén de ser recoñecida pola Academia Galega de Teatro. A entidade presentaba onte o documento "A distribución das artes escénicas nos concellos galegos", un estudo que recolle os datos dos dous circuítos comúns a toda Galicia, a Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) e Cultura No Camiño. Un informe que lle serviu de base para dedicarlle o primeiro premio anual "Capitais senlleiras do teatro galego" ao Concello muradán, polos esforzos realizados nos cinco anos que o estudo recolle (2018-2022), e polo feito de que " a pesares de ter un local con moitas eivas soubo axustar moi ben os tipos de espectáculos que amosan á súa cidadanía e durante estes cinco anos estivo na lista dos cinco concellos galegos que máis invisten ao ano e cultura por habitante", explicou Inma Antonio da AGT.
A Mostra de Xosé Agrelo, que enche durante meses o auditorio dende hai 16 anos (esta última edición conseguiu 3.000 espectadores), ou o activo programa de outono/inverno, son bos exemplos desta aposta pola cultura.
Máis novas