Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Máis de 3.000 espectadores acostumáronse ao teatro na Mostra Xosé Agrelo

Auditorio de Muros cheo para a Mostra Xose Agrelo
Auditorio de Muros cheo para a Mostra Xose Agrelo
Máis de 3.000 espectadores acostumáronse ao teatro na Mostra Xosé Agrelo

Falamos onte da experiencia na programación continua do Concello de Vimianzo. O de Muros é outro dos exemplos que mellor aposta polos longos ciclos culturais que conseguen crear os hábitos na veciñanza de acodir ao teatro cada semana. 

Un deses ciclos importantes é a XVI Mostra de Teatro Xosé Agrelo, organizada pola Concellería de Lingua, e que celebraba o seu peche esta pasada fin de semana. Dende o Concello fan un balance moi positivo pola calidade das representacións e a masiva asistencia ás obras, superando os 3.000 espectadores. 

“Queríamos que na mostra deste ano os grupos locais tiveran unha presenza moi importante, aínda que tamén estiveron grupos de fóra”, explica a alcaldesa, María Lago, e o resultado “foi mellor do esperado, con moita expectación e moitos veciños e veciñas implicadas na mostra”.
Ademais, outra das novidades, moi ben acollida pola veciñanza, foi o propio cartaz da mostra, protagonizado por actores e actrices locais e que o concello quixo que servira como unha homenaxe ao tecido teatral local.
Laura Rivadeneira, concelleira da Lingua, amosa pola súa parte a súa satisfacción “porque o teatro chegou a todos os nenos e nenas de Muros; nesta mostra, todo o alumnado de Muros asistiu a algunha representación”.

Grupos locais no audotiro de Muros
As actuacións locais foron protagonistas

Ademais das obras, o concello participou este ano no acto da ofrenda a Xosé Agrelo na Alameda de Esteiro, organizado por O Xeito Teatro o Día das Letras Galegas.

“Desde xa comezamos a traballar na mostra do ano 2025, co bo recordo que nos deixa este mes de maio de teatro e reivindicación da nosa lingua”, engade Rivadeneira.

Comentarios