O Concello de Muros realiza unha campaña intensiva de limpeza das praias
Poucas son as administracións que se ocupan de limpar osa areais tras un inverno marcado polos temporais que provocaron a chegada de residuos arrastrados polo mar. É o voluntariado o que está salvando unha situación catastrófica do noso litoral.
No caso de Muros, a Concellería de Obras e Servizos de Muros está a realizar unha serie de limpezas, mecánicas, durante estas semanas, nos seus areais.
“Estamos a levar a cabo labores intensivas de limpeza nas praias do noso municipio co obxectivo de deixalas en perfectas condicións de cara á chegada do bo tempo”, explica a concelleira Laura Rivadeneira.
“Traballamos para que veciños, veciñas e visitantes poidan desfrutar dun entorno natural limpo, seguro e coidado, como o noso concello
merece”, engade.