martes. 24.02.2026
El tiempo

Estorde e Ardeleiro, algo máis limpos tras esta serie de temporais gracias unicamente ao voluntariado

Limpeza de praia do Colectivo Carnota 2
Limpeza do Colectivo Carnota
Estorde e Ardeleiro, algo máis limpos tras esta serie de temporais gracias unicamente ao voluntariado

Que non das administracións, que dá igual como estea o noso litoral despois desta vaga de temporais, que non moven un dedo para intentar paliar a contaminación salvaxe que viven os nosos areais. Volve ser o voluntariado o que se molla, e emprega o seu tempo libre para salvar o noso planeta. Esta pasada fin de semana foron os voluntarios e voluntarias de Mar de Fábula e do Colectivo Carnota os que se achegaron ás praias de Estorde, en Cee, e de Ardeleiro, en Carnota, para rescatar os nosos areias da marea de lixo plástico na que se ven mergulladas.

Un xeito marabilloso de aproveritar os primeiros raios de sol deste 2026.

En Carnota

Limpeza de praia do Colectivo Carnota.jpg

Quedaron abraiados en Carnota dos diferentes tipos de lixo plástico (ata cascallos de obra…) que asolagan a zona de Ardeleiro. Con todo, a trintena de voluntarios que se uniron á causa liberar o areal de ducias de bolsas cheas.

En Estorde, algo tremendo: 4 toneladas de lixo

Limpeza da praia de Estorde con Mar de Fabula

Era caótica a situación da praia ceense, convertida en sumidoiro de todo o que tiramos ao mar (como debe estar a veciña Talón…), e ata alí se desprazaron outra trintena de voluntarios de Mar de Fábula. “Coñecedores un pouco do seu estado tras ver imáxenes previas, o que alí presenciamos ao chegar, resultou estar fóra de todos os parámetros nos 12 anos de actividade da nosa asociación”, relatan os membros da entidade.

Como formiguiñas traballarón, algúns ata a tarde, retirando o lixo máis grande (redes enormes, ducias de nasas de plástico que deberían estar prohibidas…) deixando atrás milleiros de pequenos anacos e microlpásticos que precisan de maquinaria. “Nos somos nada fans das limpezas mecánicas, sempre temos abogado polas limpezas manuais, pero en casos como este, son imprescindibles”, recoñecen.

Nasas de plastico recollidas en Estorde por Mar de Fabula
Nasas de plástico recollidas en Estorde por Mar de Fábula

En total, retiraron case 4 toneladas de lixo plástico: 3.957 kg, que depositaron en 5 contedores e 46 sacos estibados para a posterior retirada dos operarios do concello.
Cómpre destacar os 1.028 paos de bateas partidos pola metade e 179 enteiros; milleiros de biosoportes das depuradoras da zona…

”As limpezas son parte da solución, pero non son o única saída, precisamos MEDIDAS URXENTES para atallar fontes de contaminación. Non podemos disociar o coidao da natureza da nosa propia saúde”, denuncian.

Chamamento

”Tras o vivido o sábado, pensamos de maneira reforzada que o coidado da natureza, debería de ser unha das prioridades nas axenda de quen nos goberna, a Xunta de Galicia”, alertan.

Limpeza da praia de Estorde con Mar de Fabula

Comentarios