Muros acolleu un máis que interesante foro para a mocidade ao que non dou chegado a mocidade

Encheuse onte o Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros de cultura xuvenil. A segunda xornada técnica da Rede Cultural convertiu a vila nun Consello da Mocidade para facer unha análise e mellora das políticas culturais públicas. Un xeito moi agradecido de descoitar á nosa xuventide, a pesar de que durante a xornada precisamente faltou o máis importante, a xuventude. Difícil é conectar coas novas xeracións, que sempre se queixan de non ter espazo onde facer propostas, e cando se organizan, non se enteiran ou non se deixan enteirar.

Con todo, baixo o título ‘A mocidade e as artes’, o foro abordou un dos retos actuais da xestión cultural: a conexión coa xente nova e a súa participación activa na vida cultural. A xornada propuxo repensar os modelos tradicionais de programación para avanzar cara a fórmulas máis participativas, que incorporen a voz da mocidade non só como público senón tamén como axente protagonista na creación e toma de decisións.

Na apertura do foro, a deputada de Cultura, Natividade González, reiterou que a participación da mocidade «ten que ser unha preocupación das administracións públicas», e destacou a importancia de impulsar encontros como o celebrado en Muros.

"O falado foi moi interesante", recoñece unha das ponentes, María Candamo, de LixoAtelier, que recoñeceu as gañas provinciais ·facer cousas e de mellorar a calidade da oferta para a mocidade", a pesar de que faltase precisamente esa conexión directa. Con todo, agradeceu que se visibilizaran cousas que non se ven tanto na vila, como o bo funcionamento da biblioteca municipal.

Natividade González, Caridad Glez, Carlota Mosquera, Roberto Pascual á entrada do Foro

O encontro desenvolveuse cun formato participativo e dinámico, conducido por Carlota Mosquera, que simulou un ‘Consello da Mocidade’ no que estiveron representados distintos ámbitos da cultura e do tecido social. Nesta dinámica deuse voz a persoas mozas, profesionais da xestión cultural, representantes asociativos e outros axentes implicados, co obxectivo de compartir experiencias, detectar necesidades e formular propostas de mellora.

Con esta iniciativa, a Deputación procura fortalecer a colaboración entre os distintos sectores que forman parte da Rede Cultural —persoal técnico, compañías e artistas, e públicos—, promovendo unha cultura máis accesíbel, inclusiva e conectada coa realidade social. Tamén se pretende avanzar na creación de espazos de participación estábeis para a mocidade que contribúan a canalizar as súas inquedanzas e propostas no ámbito cultural.