Dous novos accidentes en Louro (por un xabarín) e en Ponteceso (pola grava)

Accidente en Louro por atropelo dun xabarín-Foto-GES Muros

Esta mañá de mércores 28 de setembro rexistráronse 2 novos accidentes, leves, na comarca.

Pasadas as 9:30h, un vehículo sufría un accidente ao cruzarse un xabarín que lle provocaba unha saída de vía, a altura da lagoa de Louro, na mesma AC-550. A condutora tivo que ser evacuado polo 061 con feridas leves. Interviron Garda Civil de Tráfico, o 061 e o GES de Muros.

Pouco despois, un vehículo sufría unha saída de vía en Pazos (Ponteceso), por mor das obras de mantemento de varias vías DP-6801 (Cores-Brantuas), DP-6805 (Cores-Pazos), DP-1405 (Pazos-Langueirón) e DP-6803 (O Couto-Balares), que provocan que haia grava miúda pola estrada.


Foto- Policía Local Ponteceso

Novas relacionadas