Mércores. 16.10.2019
El tiempo

Identificado o condutor que subíu ás redes sociais un vídeo a 200km/h por Ponteceso

Identificado o condutor que subíu ás redes sociais un vídeo a 200km/h por Ponteceso

Nestas dúas tráxicas semanas, con 4 feridos e alomenos 13 accidentes rexistrados nas nosas estradas, a atención sitúase nas imprudencias. Como as que protagonizou, e compartu insconcientemente nas redes sociais, un rapaz de Bergantiños, conducindo a 200km/h polas estradas de Ponteceso.

Unha imprudencia que puido costar vidas, e que, de saír condenado, costaralle unha pena de prisión de tres a seis meses, unha multa de seis a doce meses, ou traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, ademais do posible decomiso defintivo do vehículo, polo de agora requisado en Madrid. Pode que desta volta non ingrese en prisión, pero debería saber a cantidade de persoas que hoxe en día pasan longas temporadas nas cárceres por delitos contra a seguridade vial.

En todo caso, a colaboración da cidadanía foi clave para que o Grupo de Investigación e Análisis de Tráfico da Garda Civil (GIAT), atopase ao autor da grave infracción. O vehículo deportivo de alta gama (un Nissan-GT-R), e as estradas da zona, conseguiron levar á Garda Civil ata a súa casa bergantiñá e ata ao seu domicilio habitual, en Madrid.

Durante o vídeo fachendea de ir a máis de 200km/h por un tramo de estrada convencional entre Carballo e Ponteceso limitada genéricamente a 90 km/h, aínda que no tramo da comisión do delito existe unha limitación específica de 80 km/h., con numerosas intersecciones con viñas de comunicación e leiras que, por sí, supoñen un punto conflictivo e perigoso polas manobras que neles se realiza.

”A velocidade á que circulaba supón por sí mesma, un risco elevado de sufrir un sinistro vial, e implica un perigo á integridade física, tanto do condutor e do ocupante do vehícu, como do resto de usuarios de vináa, téndose cruzado polo menos con catro vehículos que soportaron un risco innecesario creado pola conducción temeraria do Nissan-GT-R”, sinala a Garda Civil.

Detector de radares

A Garda Civil daba conta tamén da identificación dunha muller conductora que levaba un home no seu capó, por outro suposto delito contra a seguridade vial. Un caso semellante, subido ás redes sociais, neste caso por Negreira.

Ademais, tamén a través das redes, a Garda Civil detectou e identificou ao autor dun vídeo dunha persoa que circula cun vehículo que leva instalado un detector de radar, sendo denunciado por unha infracción á Lei de Seguridade Vial.

Novas relacionadas

Comentarios