Dous novos accidentes en Louro (por un xabarín) e en Ponteceso (pola grava)
14:24 28/08/19
Esta mañá de mércores 28 de setembro rexistráronse 2 novos accidentes, leves, na comarca.
Pasadas as 9:30h, un vehículo sufría un accidente ao cruzarse un xabarín que lle provocaba unha saída de vía, a altura da lagoa de Louro, na mesma AC-550. A condutora tivo que ser evacuado polo 061 con feridas leves. Interviron Garda Civil de Tráfico, o 061 e o GES de Muros.
Pouco despois, un vehículo sufría unha saída de vía en Pazos (Ponteceso), por mor das obras de mantemento de varias vías DP-6801 (Cores-Brantuas), DP-6805 (Cores-Pazos), DP-1405 (Pazos-Langueirón) e DP-6803 (O Couto-Balares), que provocan que haia grava miúda pola estrada.
Foto- Policía Local Ponteceso
Novas relacionadas
- 21-08-19: Nova xornada de accidentes na comarca.
- 15-08-19: Excarcerada unha persoa tras sufrir un accidente ao seu paso por Bértoa, Carballo.
- 12-08-19: 4 novos accidentes en dous días en Dumbría e atropelo dunha menor en Carnota.
- 10-08-19: Un motorista ferido tras un accidente en Lira.
- 09-08-19: Identificado o condutor que subíu ás redes sociais un vídeo a 200km/h por Ponteceso.
- 07-08-19: Dúas mulleres falecen en sendos accidentes en Malpica e Cabana.
- 06-08-19: Dous feridos tras un novo accidente en Camariñas.
- 05-08-19: Dous falecidos e catro feridos nun grave accidente en Outes e outro ferido en Esteiro.
- 26-07-19: Dous novos accidentes en Ponteceso e Malpica para facer un total de 8 en menos dunha semana.
- 23-07-19: 4 novos accidentes e a Garda Civil buscando ao mozo que ía a 200km/h por Ponteceso.