O Furón volverá cantar o Titanic para celebrar 10 anos de churrasco, música e troula

Imaxe da Festa do Furón do ano pasado

Este sábado 24 de agosto, a Festa do Furón celebra o seu 10 aniversario. Unha festa familiar, para que toda esa xente emigrada que colle vacacións en agosto poida ter o seu día de churrasco e troula, pero que xa se está escapando das mans e xa ten un cartel mellor que calquera festival do país.

A historia do Furón comeza hai máis de 10, cando as xentes de Muros viron o ben que o pasaban as xentes do grupo De la Cruz, de Noia, nunha churrascada aberta. O día que a anunciaran xa xuntaran 60 amigos, así que decidiron facela na pista de fútbol do Furón, e co chiste, nun par de días eran 200. Todos recordan aquela cita como espectacular.

Dende aquela a cousa foise repetindo, e cada ano medraba o número de apuntados facendo máis e máis complicada a infraestrutura. A presencia de Pablo Balseiro e DelaCruz Show animando o cotarro xa provocou que a festa se vaia ás 600 persoas, e por iso cada ano queren repetir con eles.

”Así levamos 10 anos de unha auténtica locura de xente xa a festa é referente en muros todos os anos viñems sorteando un cordero e uns galos cada ano”, coméntanos Manuel María Candamo, un dos armadanzas.

Un cartelón

Tanto que este ano terán unha sesión vermú absolutamente incrible, con tres das bandas muradáns que máis o están petando no panorama galego, como son The Rapants (que mesmo veñen de actual na praia de Riazor no Noroeste), Deleiba e Archivo Adxunto. A noite tamén será de auténtico festival, con artistas que nunca fallan, acompañados de Ortiga e Disco Impacto.

Así, se queredes disfrutar de toda esta música, duns 500 quilos de de carne, uns 500 criollos, unhas 70 empanadas, e mareas de mexillóns e barra libre, só tendes que apuntarvos por apenas 15€.

E así poderedes cantar o Titanic abrazados, como fan cada ano os entregados feligreses da Festa do Furón.