Insua Pesca adquire unha parcela no polígono muradán

O Xerente de Insua Pesca con Beatriz Sestayo, xerente de SEA

Suelo Empresarial do Atlántico vén de anunciar unha nova operación no parque empresarial de Muros. Unha nova operación no sistema "dereito de superficie" que permite á empresa ocupar parcelas industriais con todos os seus dereitos durante 30 anos en réxime de aluguer, pero beneficiadas a oportunidade de comprar a superficie que ocupan nos primeiros cinco ou dez anos se así o deciden.

É o caso da empresa Insuapesca, dedicada á comercialización de peixe e marisco, que construirá as súas novas instalacións no parque negocio de Muros tras asinar hoxe un acordo con SEA.

Máis novas