Luns. 29.04.2024
El tiempo

SEA firma unha nova empresa para o polígono de Vimianzo e recoñece a labor de Gerca

Sea en Gerca
Visita de SEA a GERCA
SEA firma unha nova empresa para o polígono de Vimianzo e recoñece a labor de Gerca

Beatriz Sestayo, xerente de SEA (a empresa semipública Suelo Empresarial del Atlántico) visitou onte o Parque Empresarial de Vimianzo para asinar unha nova operación na modalidade xurídica de superficie (aluguer con opción a compra). Este sistema, iniciado hai catro anos polo entidade, consolídase como unha alternativa solvente para a implantación de empresas no sector polígonos industriais e a creación de emprego.
NorGalicia Formigón SL é unha empresa especializada na venda de formigón en Galicia dende 2013.

Sea firmando co NorGalicia Formigon en Vimianzo
Sinatura de NorFormigón con SEA

Aproveitou a visita a xerente e o equipo de SEA, para visitar as instalacións da empresa Gerca, e coñecer así de primeira man as novidades de Esta empresa pioneira no deseño e construción, instalada tamén no Parque Empresarial de Vimianzo.

Comentarios