Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Pescarías Velliño adquire dúas novas parcelas no Polígono de Muros

  • Faino aproveitando a modalidade de dereito de superficie
Poligono Empresarial de Muros
Pescarías Velliño adquire dúas novas parcelas no Polígono de Muros

O grupo empresarial vinculado ao sector do arrastre, que conta con 40 traballadores, prevé o inicio da construción da súa nova nave no polígono de Muros en 2024. Faino asinar a reserva de dúas parcelas, que suman 1.760 metros cadrados no Polígono Empresarial de SEA na localidade e faino na modalidade de Dereito de Superficie, como tamén pasou cas últimas empresas adheridas ao polígono Insuapesca e Trimar Cerramentos.

Lembran que mediante esta modalidade as empresas poden instalarse sen necesidade de comprar as parcelas e abonando cantidades mensuais a “SEXA”, a modo de aluguer con opción a compra. Poden optar por manterse neste sistema até un máximo de tres décadas, ou adquirir finalmente o solo, con descontos na cantidade abonada previamente.

En total, a superficie dispoñible en Muros se se quere optar polo sistema de Dereito de Superficie é de máis de 27.000 metros cadrados (descontando as parcelas xa adxudicadas), con tamaños que oscilan entre os 495 e os 1.039 metros cadrados.

En canto ao custo, esta modalidade permite instalarse en solo empresarial desde 791’01 euros anuais (65,9 euros ao mes), cantidade que varía até os 100 euros mensuais, en función do tipo de parcela.

Comentarios