O mestre Ramón Beltrán presenta a súa primeira novela na Antiga Fábrica de Sel
01 de outubro de 2025 (07:31 h.)
Debullábanos a semana pasada Ramón Beltrán a súa primeira novela en QPC. Para os que queirades saber máis, e facervos cun libro asinado o mestre no IES Fontexería de Muros prepara a primeira presentación de "As palabras de Morfeo".
A cita será este xoves 2 de outubro, ás 19:00h na Antiga Fábrica de Sel, e o autor estará acompañado do editor de Rinoceronte Editora, Moisés Barcia, e o concelleiro de Servicios Sociais de Muros, Mario Martínez Lago.