mércores. 01.10.2025
El tiempo

O mestre Ramón Beltrán presenta a súa primeira novela na Antiga Fábrica de Sel

Ramon Beltran presenta As Palabras de Morfeo en Muros
O mestre Ramón Beltrán presenta a súa primeira novela na Antiga Fábrica de Sel

Debullábanos a semana pasada Ramón Beltrán a súa primeira novela en QPC. Para os que queirades saber máis, e facervos cun libro asinado o mestre no IES Fontexería de Muros prepara a primeira presentación de "As palabras de Morfeo".

A cita será este xoves 2 de outubro, ás 19:00h na Antiga Fábrica de Sel, e o autor estará acompañado do editor de Rinoceronte Editora, Moisés Barcia, e o concelleiro de Servicios Sociais de Muros, Mario Martínez Lago.

Comentarios