Muros vivirá unha fin de semana de libros e fotografías históricas

Se por Muros xa están a revolucionar as noites de copas, as tardes xa parece que contan con numerosas actividades. Hoxe repasamos a presentación do libro de Antonio Rey, e coñecemos a chegada dunha nova exposición á vila muradá.
Amboas compaxinaranse coa presentación do libro "Mar de Paixón", un libro sobre a historia do fútbol da Costa.

As "Cantargrafías" de Rosalía de Castrono Pozo do Cachón

Este xoves 30, ás 12:30 será o acto oficial de inauguración da exposición “Cantargrafías", que estará aberta ao público no Pozo do Cachón ata o día 8 de febreiro, no que intervirán Xavier Castro, director do IES Virxe do Mar e as concelleiras de Cultura e Educación, Charo Fdez. Piñeiro e de Turismo, Sandra Maneiro, en representación do concello de Muros.

A mostra, que leva por título “Cantargrafías”, está formada por 30 imaxes fotográficas (14 analóxicas e 16 dixitais) e dous pirogravados en madeira, estes últimos feitos polo noso alumno máis veterano de fotografía do IES Virxe do mar, un experto mariño de 72 anos.

Trátase dunha homenaxe do alumnado de Fotografía do IES Virxe do Mar de Noia, dirixidos na docencia e na sensibilidade pola profesora Montse Pernas, ao 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, que se celebra ata o vindeiro 17 de maio de 2014. As imaxes ilustran fragmentos ou versos dos poemas escritos por Rosalía de Castro e a temática vai desde paisaxes e tradicións, na liña máis costumista desta autora, ata temas de denuncia social, como a emigración, as desigualdades sociais... ou a Rosalía máis intimista (o amor e o desamor, o sufrimento...) que se expresan por medio de imaxes tanto conceptuais como representativas dos distintos xéneros fotográficos: retrato, paisaxe, macrofotografía, etc. Cada imaxe vai acompañada dunha explicación, na que aparecen os versos nos que está inspirada, o nome do/a autor/a e a técnica empregada.

As imaxes foron captadas todas nas comarcas de Muros-Noia e Barbanza, dado que o alumnado procede de municipios da zona; polo que tén un interese especial para o público desta comarcas, en particular para o alumnado dos centros de ensinanza, sobre todo das áreas de Lingua Galega e de Educación Plástica.
A mostra percorreu xa os centros culturais de Noia, Outes, Porto do Son, Boiro e Lousame e está agora dispoñible ao público na sala de exposicións do Muíño de Marea do Pozo de Cachón, no Concello de Muros, ata o vindeiro 8 de febreiro.

Presentación do Libro de Antonio Rey

Xa se achegan as datas da presentación do libro de Antonio Rey "Ser galego". A cita será este sábado 1 de febreiro ás 19:00h no Local Municipal de San Xosé. Na mesa de presentación do libro estarán: o autor Antonio Rey; Manuel M. Martínez- Adminsitrador de¡o grupo de Facebook "I Love Muros", e un dos culpables da presentación; Suso de Toro – Escritor; Henrique Monteagudo - Membro da Real Academia Galega da Lingua; Manuel Mª Pena - Poeta, que actuará como narrador; e Caridad González – Alcaldesa de Muros que pechará o acto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).