Antonio Rey é galego de Muros


Este vindeiro sábado 1 de febreiro, o escritor Antonio Rey presentará o seu novo libro "Son galego". E o fará no Local Municipal de San Xosé de Muros a partir das 19:00h, nunha cita organizada pola Revista Dixital The Muros Times, dando conta da fiestra aberta que pretende ser dende Muros ao mundo.
O autor, Antonio Rey, mestre de profesión, é un muradán de Torea nado na Arxentina e que estará con todos nós ese día para dar a coñecer en Muros a súa obra.
Seu avó paterno, nado na aldea de San Xián, da parroquia muradá de Torea, exerceu unha forte influenza na súa vida e por iso síntese galego. De feito, é membro da Asociación Cultural Fillos de Galicia de Bos Aires, a cal ter unha das comunidades máis importantes da diáspora galega en www.fillos.org.
O seu sentir defíneo Carmen Graña Barreiro no prólogo: "Hoxe non lle quero pedir nada a Galicia; soamente quero darlle".
No acto colaboran ademais o Concello de Muros e a xente do Grupo de Facebook I Love Muros.
Novas relacionadas
- The Muros Times arrinca o 2014 dende as bibliotecas e escolas do Concello.
- A bitácora da semana (CLXXXIX): Grupo de Facebook I love Muros.
Fonte
- Información de Quin Caamaño.