Luns. 06.05.2024
El tiempo

Nace o Atallo do Muxo para dinamizar a noite de copas en Muros

Nace o Atallo do Muxo para dinamizar a noite de copas en Muros
O atallo do Muxo COPAS-TAPAS

Sempre é unha boa nova que un grupo de hostaleiros decidan unirse e montar algo xuntos. Hoxe o exemplo tráennolo os locais de copas de referencia en Muros (O Pouso, O Redondel, O Bar e A Caverna), que veñen de dar vida a “O Atallo do Muxo”, un proxecto decolaboración que nace ca vontade de diversifcar e completar as opcións do ocio nocturno da vila.

Esta nova ruta de copas ofertará unha ampla variedade de eventos, desde os tradicionais sorteos e descontos ata as máis innovadoras colaboracións.

Arrincamos a base de pinchos

Como toda digna inauguración, a Etapa Cero desta ruta consistirá nunha degustación de tapas variadas durante toda a noite. Cada un dos catro locais que forman parte deste “atallo” nocturno, obsequiará cun pincho por copa a aqueles que este sábado día 1 de febreiro se acheguen a coñecer esta nova experiencia.

Os hostaleiros implicados nesta nova proposta confían en que as actividades que se desenvolvan desde esta iniciativa sirvan para dar un toque de distinción á vida nocturna da vila muradá, e que o resultado redunde nun beneficio para o conxunto do sector hostaleiro.

Dende logo, unha gran iniciativa!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios