O Colexio de Esteiro espera as prometidas reformas no tellado

Non é a primeira vez que as deficiencias no centro aparecen nas queixas da ANPA. Aló polo 2012 xa denunciaba a ANPA os problemas no CEIP Ricardo Tobío de Esteiro. E este curso 14/15, o #CursoLOMCE, como todos os cursos, os rapaces do centro muradán comezaron o curso co abrigo posto.

I é que chegou a chover nas aulas. Ademais, como o centro non ten suficiente orzamento para a poñer a calefacción durante máis de 2 horas, os rapaces pasan frío. Ademais, a falta de illamento fai que a calefacción sexa totamente ineficiente. No patio cuberto tamén chove; a instalación eléctrica é un verdadeiro perigo… así, ata que as nais e pais da ANPA decidiron poñerse en marcha e erguer a voz, demostrando que a cidadanía, unida, pode conseguir cousas.

De feito, a ANPA Ricardo Tobío organizou unha recollida de sinaturas (recolleron arredor de 1.000), que xa lle entregaron ao Xefe Territorial e ao Conselleiro. Reuníronse ca mesma alcaldesa muradá. E parece que tanto movemento vai dar os sus froitos, pois xa teñen a promesa de que as obras saírán adiante.

A pasada mañá xa estaban os operarios do Concello na zona máis perigosa, é dicir, onde había pingueiras que caían preto do cadro eléctrico do centro. Ademais, quedou o Xefe Territorial da Consellería de Educación de mandar, estes días, a unha empresa que inspeccione o tellado para valorar os danos e facer un orzamento, para ver ata onde se podería chegar.

A ANPA pedía a reforma integral da cuberta, pero para saber os danos reais hai que levantar as planchas do tellado, porque aínda non se sabe se estas tamén están furadas e hai que cambialas.

”Nós contamos con que se solucione”, esperan dende a ANPA, mentres os rapaces teñen un respiro nestes días nos que non está a chover. Pero a chuvia seguro que volve, máis temprano que tarde. “Esperaremos uns 15 días para ver se hai resposta”, e senon seguirán cas mobilizacións, indícannos dende a ANPA.

Aquí deixamos un vídeo da Sexta na que se ve como estaba o cole:

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).