Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os recortes nas escolas xa están na rúa

Os recortes nas escolas xa están na rúa
Manifestacion da ANPA A Granxa do CEIP Bergantinos

Non paran as mobilizacións contra a LONCE neste convulso comezo de curso. A ANPA A Granxa, do CEIP Bergantiños de Carballo, avisaba a semana pasada e onte celebraba a primeira concentración ás portas da escola, “reclamando o que nos pertence”, aseguran, destacando a necesidade de varios mestres de apoio para os seus fillos, e concretamente pensando nos cativos con necesidades especiais.
Co apoio do Alcalde e dos portavoces dos Grupos Municipais do BNG, PSdeG-PSOE e TEGA (faltou o PP a pesar de estar invitado) celebrouse unha xornada de reivindicación ben sa.

Os voceiros da entidade destacaron que teñen por dereito tres prazas fixas de mestre especial sen determinar.

O que está claro é que a comunidade educativa (pais e nais, mestres e alumn@s), “están fart@s de traballar con recortes”. Por iso teñen claro que non pararán, e de feito continúan ca colleita de sinaturas, xa superando as 2000. “Desgraciadamente isto seguro que non remate aquí, a razón está con nós e non pararemos até que se faga xustiza co noso centro. Non pedimos que o catering do comedor o sirva Ferrán Adrià, pedimos que estén cubertas as necesidades de quen máis o precisa, non o esquezades”.

Xornadas de Formación para pais "Aprende a educar"

Aprende a educar coas Fedanpas

Tanta loita, non exime que a Federación de ANPAS descoide as labores de formación para pais. Por iso, este venres 14 de novembro, realizaranse as seguintes charlas das xornadas de formación para nais e pais organizadas pola ASPG e nas que colabora as ANPAs da Costa da Morte.

  • Carballo: ás 20:30h no Forum sobre "A presenza dos menores na rede".
  • Corcubión: ás 20:00h na Casa da Cultura sobre "A familia como contexto socializador".

O vindeiro venres 21 a charla sobre a presenza na rede darase en Corcubión e a da familia como contecto socializador en Carballo. Así mesmo, o mércores 29 toca en Cabana a charla sobre Os menores na rede.

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios