Os Salta Rejos preparan tres novas probas deportivas
19 de setembro de 2025 (09:37 h.)
Comeza o outono e a familia dos Salta Rejos poñen as mallas para dúas probas deportivas.
Este sábado 20 de setembro xa celebran o Dia da Bicicleta, que se vai celebrar finalmente a partir das 16:00h. Ao remate do paseo pola contorna de Esteiro, haberá xynkana e merenda.
Xa en clave máis deportiva, o vindeiro sábado 27 de setembro, o grupo organiza a V Edición do desafío do Camiño, este ano toca o camiño do Epílogo. Percorrido de Santiago a Fisterra e remate en Muxía, onde rematarán cunha cea.
Aínda quedan prazas, as inscripcións rematan o vindeiro martes 25 e podedes facelo en gl.deporticket.com.