Máis de 150 de "saltarregos" gozaron da carreira pedestre de Esteiro
19:33 10/11/24
Condiciounou un pouco o tempo coa súa ameaza de chuvia constante que apenas quedou nunhas orballadas, o que botou atrás seguro que a moitas familias das que se apuntaran á Carreira Pedestre de Esteiro. Pero finalmente a proba, artellada pola familia dos Salta Regos, foi toda unha festa.
Sobre 150 participantes entre todas las categorías, con todo o mundo gozando da zona, sobre todo da carreira dos máis cativos.
Pedro Traba (CA Outes) foi o campión na proba absoluta de 10k, por diante de Manu Dosil (Triatlón Muros) e Ramón Gonzalez Pais (Atletismo Sar). Marinela Mayo (Sar) foi a campiona absoluta, por diante de Ana Martínez (Serres Runners) e Macarena Pérez Garrido.
Carla Suárez foi a campiona en 2K, e Benigno Rodríguez en 500m.