Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Saltarregos, a entidade que promove actividades multixeracionais que permiten o contacto ca natureza e a paisaxe

Actual directiva dos Saltarejos de Esteiro
Actual directiva dos Saltaerejos de Esteiro
Saltarregos, a entidade que promove actividades multixeracionais que permiten o contacto ca natureza e a paisaxe

Ao longo da comarca hai numerosas entidades que destacan pola súa actividade e compromiso. Unha delas é, sen dúbida, a Asociación Deportiva Os Saltarrejos, que nace da iniciativa dun grupo de amigos de Esteiro asiduos a práctica de deportes como a natación, bicicleta e atletismo. Fundaron o club no ano 2017 como saída federada para a práctica deses deportes, pero non callou a idea e quedou un pouco á deriva.
”O deporte que mais se practicaba era o mountainbike, a miña relación con eles empeza precisamente aí, xa que eu tamén practico ese deporte asiduamente”, explica Ramón Fontaiña, un dos membros da entidade.

A principios do ano 2018 xurde, por parte dun directivo a idea de organizar unha BTT, que acabaría sendo o primeiro evento organizado polos Saltarrejos. “Saeu bastante ben, para ser o primeiro”, valora. Ese mesmo ano xa colaboraron na organización da Travesia Illa da Creba xa que por motivos de regulamentación, estas actividades deberían ser organizadas por clubes federados e con coberturas de seguro. De aí ata hoxe (este ano foron 200 os deportistas os que participaron na proba) seguen organizando este evento, totalmente integrado xa no calendario da Asociación.

Imaxe da Travesia Illa da Creba Esteiro 2024
Imaxe da Travesia Illa da Creba Esteiro 2024

Deporte, natureza e paisaxe

No ano 2019 xa se organizan varios eventos, btt, andaina, travesía e Día da Bicicleta, este último, recuperado despois de varios anos sin facerse. “Ese ano, o 2019, foi o que marcou a traxectoria e forma de traballar da asociación, froito das tertulias e conversas que mantiñamos ao rematar estes eventos, decidimos que o mellor que se podía facer era organizar cousas para que a xente do pobo e tamén foráneos disfrutaran de actividades multixeracionais que promoveran o contacto ca natureza e a paisaxe, poñendo en valor a contorna que nos rodea; e tamén fomentar o deporte e o lecer”, explica.

Neste 2019 hai un cambio de Xunta directiva, entrando Fontaíña como presidente. Dende o ano 2019 e ata agora, exceptuando o ano da pandemia veñen organizando a BTT, andaina, travesía, Día da bicicleta (festa aberta, totalmente gratuita con actividades, excursión en bici e merenda)…
No ano 2022 organizaron o primeiro Trail de Esteiro, e o pasado ano 2023 recuperaron a carreira pedestre de Esteiro, “referente nos anos 80 e 90 e que deixou de organizarse por falta de continuidade xeracional. Un dos retos que temos formulados, levala a ter a popularidade que tiña anos atrás”, avisa.

Cómpre destacar tamén, que ademais destes eventos, organizan outras actividades esporádicas: “Fomos a primeira Asociación en organizar unha peregrinación en grupo, e por etapas do camiño xacobeo da ria de Muros- Noia, na súa totalidade (novembro 2021- xaneiro 2022)”.
Tamén artellaron unha Andaina pola ruta dos Faros (Camelle- Arou-Camariñas) en novembro 2022, ou o Torneo de Exibición do Xogo da Chave, no cal participaron xogadores da comarca de Santiago.

Dende o ano 2021 veñen organizando tamén o que chaman Desafio do Camiño. Consiste en recorrer un tramo de máis de 100km do camiño Xacobeo en calquera das súas variantes en bicicleta de montaña, nun só día. Ata esta edición levan feito: Camiño Fracés Sarria - Santiago, Camiño Santiago – Muxía, Camiño Inglés, FerroL- Santiago, esta edición toca camiño Primitivo Lugo – Santiago.

Desafio Camino de Santiago cos Salterejos

Rutas polos montes

Ademais de todas estas actividades, queren poñer en marcha “un proxecto que, conxuntamente co concello de Muros, Outes e as comunidades de montes da contorna que nos permita deseñar unha ruta señalizada multidisciplinar válida para práctica da btt e senderísmo que percorra os montes da zona, para poder ofrecela axente do pobo e tamén a foráneos que queiran disfrutar da natureza e dos paisaxes que temos”.

Ruta de Sendeirismo cos Saltarejos

Voluntariado

Dende a entidade queren agradecer a constabte colaboración do voluntariado que sempre botan unha man nos eventos. “Xente que colabora como auxiliar nos cruces, limpando maleza, servindo avituallamentos e tamén colaborando con patrocinios. Esa xente témola inscrita como socios da Asociación, non pagan cuota e teñen desconto no caso de actividades non gratuitas”, destaca Fontaíña.

O Calendario deste outono

Este xa ano xa foxeron a Travesía a nado Illa da Creba, artellaron o Día da Bicicleta, o Desafío Camiño Santiago e preparan dúas citas máis: A carreira Pedestre de Esteiro para o 6 de outubro, e unha nova ruta de sendeirismo coa data aínda por decidir.

Máis novas

Comentarios