Un esteirán, mellor profesor de Historia do Estado de Nova York

Ensínalle aos nenos a contar en galego, a coñecer a cultura celta ou a situar a Galicia no mapa. É un dos mellores embaixadores da nosa cultura no exterior sen ocupar un alto cargo, nin gastar millóns de euros en promoción como fan algunhas administracións. Chámase Anxo Brea e é un profesor de Historia en Nova York. Este galego de Esteiro (Muros) non é un mestre calquera, é o mellor profesor de Historia de todo este estado e un dos finalistas ao mellor profesor dos Estados Unidos. “Se fala dun país concreto pois leva os rapaces ao parque para que xoguen a un deporte dese país ou trae comida dese país”, apunta á TVG Brian Levy de Vale, o director do Colexio Publico 257 de Brooklyn, onde Brea imparte aulas. De feito, Brea recolle todos os recursos ao seu alcance para transformalos en coñecemento para os cativos. “O bo deste premio é que te motiva a seguir ensinando e aprendendo”, di este mestre. Por iso, os seus alumnos teñen claro cal é a súa materia preferida; “History”, din todos ao unísono.

Novas da Costa en NY

Serie “De Carnota a Astoria: “Vin porque me trouxeron, non quería vir””, por Manuel Vilar

Fonte