Un esteirán, mellor profesor de Historia do Estado de Nova York
13:45 06/05/15
Ensínalle aos nenos a contar en galego, a coñecer a cultura celta ou a situar a Galicia no mapa. É un dos mellores embaixadores da nosa cultura no exterior sen ocupar un alto cargo, nin gastar millóns de euros en promoción como fan algunhas administracións. Chámase Anxo Brea e é un profesor de Historia en Nova York.
Este galego de Esteiro (Muros) non é un mestre calquera, é o mellor profesor de Historia de todo este estado e un dos finalistas ao mellor profesor dos Estados Unidos. “Se fala dun país concreto pois leva os rapaces ao parque para que xoguen a un deporte dese país ou trae comida dese país”, apunta á TVG Brian Levy de Vale, o director do Colexio Publico 257 de Brooklyn, onde Brea imparte aulas.
De feito, Brea recolle todos os recursos ao seu alcance para transformalos en coñecemento para os cativos. “O bo deste premio é que te motiva a seguir ensinando e aprendendo”, di este mestre. Por iso, os seus alumnos teñen claro cal é a súa materia preferida; “History”, din todos ao unísono.
Novas da Costa en NY
- Un paseo moi galego por New York.
- O folclore da Ximiela conquista a 5ª Avenida de New York.
- A familia costeira en NY segue gañando títulos co CD Iberia.
- Javier López Moríñigo: A emigración do pasado e a emigración actual: distinta forma, mesmo fondo.
Serie “De Carnota a Astoria: “Vin porque me trouxeron, non quería vir””, por Manuel Vilar
- (VI) – A estratexia do retorno e idealización do lugar de orixe.
- (V) – A chegada: casa e traballo (II).
- (IV) – A chegada: casa e traballo (I).
- (III) – ¿Por que veñen?.
- (II) – A emigración de Carnota en Nova York (II).
- “Vin porque me trouxeron, non quería vir”. De Carnota a Astoria. A emigración de Carnota en Nova York (I).
Fonte
- Nova realizada polo xornal colaborador da Asociación de Medios en Galego, Galicia Confidencial.