Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A familia costeira en NY segue gañando títulos co CD Iberia

A familia costeira en NY segue gañando títulos co CD Iberia
Familia do CD Ibeira en NY

Unha temporada máis, e xa pasan de 46, o o tiqui-taca costeiro triunfa en NY. Aló segue a emigración do sur da bisbarra enchendo Nova Iorque de calidade e gañando títulos. Como o último que ven de conseguir o equipo Club Deportivo Iberia, que o pasado domingo quedaba campións (por terceira vez na historia do club; 1999-2000, 2009-2010, 2013-2014) da 2ª Division da Cosmopolitan League de NY.

Así no lo conta o muradán David Lago, presidente do Club, que cada temporada nos pega un repaso sobre a súa a temporada. I é que co campionato de 2ª División teñen a posibilidade de ascender a 1ª, unha proposta moi tentadora, pero van quedar este ano na 2ª, pois subir a primeira require dobrar o orzamento e ter que traer outros xogadores de fóra, e a dinámica do Iberia está composta por xogadores galegos e que sexan da casa.
Lembra David que “desde o ano 2000 a 2010 estivemos en 1ª e aínda que quedamos ben clasificados os últimos anos o equipo perdeu a súa esencia de ser íntegramente español/galego. Levamos os últimos 3 anos traballando para volver ao Iberia de antes (o do 1967) cando era completamente galego. Por agora estamos cumprindo co obxectivo. A ver si podemos gañar nas semifinais de copa e a ver o que pasa”.

O palmarés do equipo é fantástico. 3 ligas en 2ª, 5 en 3ª e unha Copa de Estado de NY que foi en 1975. E ollo que pode que as vitrinas do club teñan que facer oco á Copa, pois aínda teñen pendente a semifinal de copa este 1 de xuño. “A este xeración de galegos é o único titulo que nos queda”, apunta Lago.

Ademais, a plantilla segue medrando, xa que ao ascender o ano pasado de 3ª, estando en 2ª tes que ter equipo reserva. Asi que tiveron que dobrar a plantilla do ano anterior. O primeiro equipo quedo campión na ultíma xornada coa vitoria sobre o NY Ukrainians por 2-1 con goles de Carlos “Chiki” Vazquez e Eric Vazquez.

Un dos Planteis do Iberia CD de NY

Unha plantilla con sabor costeiro

En total, o CD Iberia conta entre os dous planteis con 15 xogadores da Costa da Morte e 28 galegos en total. Os da Costa da Morte son os pesos pesados dos dous equipos. O pichici do equipo A foi Chiki Vazquez con 12 goles e ségueo o carnotán, Antonio “O Catuxo” Trillo con 11, un dos mellores esta temporada, pois xa empezara o verán adestrando e arrincou a Liga pasando por riba dos rivais, sendo unha peza clave no equipo. O ataque do equipo A esta composto por Trillo, Chiki e os irmáns Escobar, que son de Carnota. Estes catro xogadores volven tolos aos defensas. En defensa destaca o muradán Cristian Sande.

O equipo reserva esta composto de xogadores novos e veteranos. O veterano capitán de Muros, Juan “Mandelo” Lago lidera ás novas promesas que son Javi “da Canela” Beiro (Louro), David Formoso (Muros), David Lamela (Muros) e Víctor Branco (Santa Comba). Este ano o “B” quedou de 3º a dous puntos do líder. O pichichi do B foi Benny Santiago que é de Porto do Son.

De cea de fin de temporada

”Durante o ano tivemos a nosa cea de aniversario (foi en outubro na Casa Galicia con 220 persoas) e o domingo que vén temos o Trofeo Tino. É un trofeo que disputamos todos os anos cos veteranos e ex xogadores do Iberia e despois xuntámonos todos para comer”, cóntanos David.

Pois que o disfruten, e nos encanta saber como andan as cousas ao outro lado do Atlántico!

Outro dos Planteis do Iberia CD en NY

Novas relacionadas

“De Carnota a NY”, con Manuel Vilar

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Información e foto da man de David Lago, Presidente, C.D. Iberia.

Comentarios