Un novo número da revista "The Muros Times" xa está na rede

Xa está na rúa, bueno, na rede, o número 6 da revista "The Muros Times", a fiestra aberta que une aos muradáns de aquí e acolá a través do patrimonio, a historia e a actualidade.

Esta revista veciñal online, dirixida por Jorge Lago de Pexejo, conta cuns 40 colaboradores e fala de todo o que acontece ao redor. Neste número comezamos falando da posible colaboración coa activa Escola de Música de Carnota. A historia continúa seguindo os pasos de "Los Tres Don Diego de Muros" da man de Elena Barrera Cernadas.

Persoeiros da vila tamén o seu espazo na revista, e temos o gusto de ler media páxina adicada ao noso colaborador Domingo Guerra. Coñecemos tamén na sección "A nosa xente" a Juan Jesús Gestal Otero e o Padre Ramón Dubert.

Hai tempo para o patrimonio tanto eclesiástico como natural, viaxando ata a Illa de San Antón. E imos tamén pola diáspora para coñecer a vida de varios emigrantes como María Ángeles Caamaño París dende Suiza; Ana Formoso Otero dende Lanzarote; Lucía Sendón Lago, "a pequena dos rusos"; ou Jesús Sande Caamaño dende EEUU.

As entrevistas da semana son con Amado Barrera e unha toleada simpatiquísima cos bravos de Terbutalina. Hai espazo para a saúde, temas de herdanzas e mesmo de moluscos...

Todos estes contidos, e moitos máis, a golpe de click.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).