Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Nace The Muros Times para abrila fiestra entre a Costa da Morte e a diáspora

Nace The Muros Times para abrila fiestra entre a Costa da Morte e a diáspora
Presentacion de The Muros Times-Foto- Nieves Formoso

Impresionante ver como a rede une mundos. Este pasado sábado, a aula de informática da Casa de Cultura de Muros acollía a presentación da novedosa Revista dixital The Muros Times. Unha "fiestra aberta á liberdade", que pretende achegar as realidades de Muros ás súas xentes na diáspora.

Os impulsores son un nutrido grupo de personalidades do eido cultural muradán. E, curiosamente, non son precisamente rapaces os que se lanzan á rede. Resulta fantástico ver como personas de mediana idade se modernizan para unir aos fillos de Muros separados polo océano a través das novas tecnoloxías.

E falando de diáspora, a revista, que será mensual e aberta a quen queira participar, a presentación aproveitou as ferramentas da comunicación para realizar sendas videoconferencias con colaboradores que residen en EE.UU ou Madrid. "Salvo pequenos imponderables coa conexións cos compañeiros de Alén do mar, o acto resultou moi entrañable e enriquecedor", cóntannos os protagonistas.

"Muros ten moito que contar á cultura galega", explicaba Quin Negreira, un dos voceiros. E precisamente por aí van os contidos. A revista, este "caixon dixital" muradán, terá un maioritario contido cultural e patrimonial.

O acto, que contou coa colaboración municipal e a presencia da alcaldesa, Carida González, remataba cun pouco de música, da man da Agrupación Faltriqueira.

Faltriqueira puxo a nota musical á presentación da revista dixital The Muros Times -Foto- Nieves Formoso

Aquí vos deixamos un vídeo da presentación de Aurelio Santiago Pedrosa:

Máis información

  • Número 0 da Revista The Muros Times.
  • Novas relacionadas

    Fonte

    Comentarios