Unha xeración de odontólogos con brillante semente muradá
O pasado sábado, no salón nobre do Pazo de Fonseca compostelán interpretouse o “Gaudeamus igitur”, para pechar o acto de licenciatura dos alumnos da promoción 2008-2013 de Odontoloxía. O reitor da USC, Casares Long, estivo acompañado polo decano de Medicina e Odontoloxía, o muradán Juan J. Gestal Otero, quen destacou o prestixio de diversos profesores e sinalou que a Área de estomatoloxía era unha das tres máis importantes de España, polo seu impaco investigador.
Gestal foi o encargado de facerlle a entrega do correspondente diploma á, tamén muradana, Marita Guerra Caamaño, que conta cun sobresaínte expediente académico e diversos premios na licenciatura, e que foi seleccionada para realizar estudios de postgrao e doutoramento no departamento de estomatoloxía da USC.
O padriño da promoción, o profesor José A. López Campos, que se fotografiou con todos e cada un dos recén licenciados, dixo recoñecerse orgulloso de apadriñar un grupo tan brillante, nas súas palabras "a mellor de todas as promocións".
Quedou aí pois a semente muradá nesta brillante xeración de odontólogos.
Novas relacionadas
- Bandeira verde pola xestión ambiental para o Concello de Muros.
- As Carrilanas de Esteiro xa teñen Denominación de Orixe.
- Domingo Guerra: A prórroga do orzamento municipal.
Fonte
- Información e fotos de Domingo Guerra.