Venres. 26.04.2024
El tiempo

Bandeira verde pola xestión ambiental para o Concello de Muros

Bandeira verde pola xestión ambiental para o Concello de Muros
A Alcaldesa de Muros recibe a Bandeira Verde en presencia de Arias Canete

Nova positiva para o Concello de Muros, que vén de recibir, hoxe mesmo, o recoñecemento Bandeira Verde-Municipio Responsable, unha distinción que premia o seu traballo en favor do medio.
Este galardón concédeo a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes (Fuci), entre os concellos de toda España que destacan por desenvolver políticas respectuosas co medio.

A bandeira foi recollida en Madrid por Caridade González, Alcaldesa de Muros, de mans do Ministro de Medio Ambiente, Arias Cañete en presenza da Ministra de Sanidade, Ana Mato.

En Galicia, ademais do concello muradán tamén reciben a bandeira outros 9 concellos: Barco de Valdeorras, Ordes, Miño, Poio, Ribadeo, Viveiro, Boiro, Burela e Caldas de Reis.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e imaxe de Quin Muros.

Comentarios